A Virxe da Magdalena saíu en procesión polas rúas de Vilamartín

A procesión na honra da patroa da Rodeleira saiu dende a igrexa de Vilamartín percorrendo diversas rúas da localidade

Como cada 22 de xullo os veciños da Rodeleira (Vilamartín de Valdeorras) sacaron en procesión a súa patroa, a Santa María Magdalena, aínda que neste 2020 o acto realizouse con diferenzas notables respecto a anos anteriores debido as medidas de seguridade por mor do Covid-19.

Malia a situación provocada polo Covid-19 este ano os veciños da Rodeleira sacaron en procesión a súa patroa

Máscaras e distanciamento foron obrigatorios nunha das primeiras procesións post-covid a que asistiron uns 40 fieis, así mesmo durante o percorrido que realizaron dende a igrexa de Vilamartín ata a Rodeleira e a volta ao templo Os Airiños de Caldelas tocaron diversas pezas para animar un día festivo na localidade pero diferente, xa que por exemplo no 2019 realizouse unha festa da auga no propio barrio e unha sesión verbena para todos os asistentes.

As máscaras foron unha parte dos cambios máis notables na procesión da Virxe da Magdalena do 2020

Protección Civil foi a encargada de facer cumprir as medidas de seguridade, e así mesmo regulou o tráfico durante o paso da procesión polas rúas onde pasaban os fieis.