A Festa das Covas de Vilamartín acada a vixésima edición

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
portada

A Festa das Covas de Vilamartín alcanza este ano a vixésima edición coa participación de 49 adegas. Incorpora novidades coma a mostra Inxertarte, que pretende achegar a cultura do viño aos visitantes que por miles acuden a Vilamartín a facer esta singular ruta de peregrinación.

A véspera, o 5 de agosto, a partir das 18:00 terá lugar a cuarta guerra das Fontes. As 20:00 Pregón a cargo Rafaél López López, prestixioso oncólogo vilamatinés. Media hora despois homenaxe os coveiros e o remate  comenzo da “Pequena”, un pequeno roteiro por algunhas covas, para permitirlle os coveiros, pasar tamén unha tardiña de lecer. Haberá empanadas, pinchos e bo viño artesán nas covas de Cerdeirais. Sobre as 11 da noite festa rachada.

O sábado, seis de agosto, a partir das 20:30, Festa das Covas, con milleiros de persoas que veñen de todos os puntos da xeografía española. Por doce euros cunca de barro, pano, degustación de viño artesán en cada cova acompañado por pinchos típicos, empanada, ibéricos, queixo, bica... A partir das 12 da noite festa rachada co Grupo Alvein.