A vixésimo primeira edición da Festa das Covas volve a bater récord de participación con máis de 4.500 visitantes.
Case medio cento de adegas, corenta e oito en concreto, participaron nesta nova edición, na que coma todos os anos púidose beber viño artesán da comarca acompañado por entremeses variados, chourizo, queixo, salchichón, xamón e todo tipo de empanadas para rematar doces, bica e licores caseiros. Co prezo da entrada a organización entregou a cada participante unha cunca e un pano, que cambia todos os anos de cor, a de este ano foi vermella.
A festa que comezou as 8:30 da tarde do sábado 5 de agosto estivo animada no seu recorrido por charangas e gaiteiros coma Proxecto Xarope e Airiños de Caldelas ao remate festa rachada coa orquestra La Gira e discoteca móbil no cruce da estrada que vai a Valdegodos.
A esta Festa das Covas achegouse xente de todo o territorio galego e nacional ademais dos propios da comarca que tiveron autobuses cada media hora entre a Rúa e O Barco.
Desde a organización, a Asociación de Coveiros de Vilamartín, atopábanse moi ledos coa gran participación e acollida que tivo un ano mais a ruta, aínda que non lles pareceu moi ben que a Xunta de Galicia non lles concedese o título de Festa de Interese Turístico de Galicia, pese a presentar toda a documentación requirida vai mais de dous anos. Estanse prateando presentar unha reclamación, xa que con este título a festa sería moito máis popular e recoñecida, o que carrexaría maior número de visitantes. Ben é certo que cada ano supérase o número de visitantes. Na presente edición o tempo axudou xa que cas altas temperaturas apetece mais botar uns grolos.