Vilamartín rexistra máis de 20 incidencias por mor da borrasca Fabién

San Vicente, Arnado, Vilamartín, Cernego, Valdegodos, Córgomo, Portela, Correxais ou Baxeles non se libraron do azoute do vento e auga

Era o propio alcalde Enrique Alvarez Barreiro que confirmaba este medio as incidencias que a borrasca Fabién estaba deixando no seu concello. Caídas de árbores, postes de teléfono e de electricidade e tamén de barrancos foron sucedéndose o longo da tarde do 21 de decembro neste concello.

«Non damos abasto», espetaba nada máis descolgar o teléfono. Y é que este concello está levando a cabo todas estas actuacións con sete membros de Protección Civil.

O suceso máis salientable foi cando o vento arrincou as chapas que cubrían un alpendre na vila de Arnado. O dono da edificación estaba a piques de entrar nel cando o cerramento comenzou a «voar» polos aires. Por sorte non houbo que lamentar danos aínda que, o home pasou moito medo.



Tamén foi significativo a caída dun negrillo enriba dunha casa en San Vicente, a que non chegou a danar por parar antes no canleado eléctrico.

Na estrada que conduce a Cernego caía un pino de considerables dimensións e tamén na que vai de Córgomo á Portela. Correxais non se librou de ter un pino cortando o acceso á poboación. No momento de redactar esta información Protección Civil estaba procedendo á retirada.

Chove sobre mollado e o vento non da tregua, primeiro foi Daniel, que azouto a comarca o pasado domingo e o luns. Elsa chegou o mércores e quedouse até o venres e hoxe chegou Fabién, Tres borrascas atlánticas profundas en apenas unha semana que deixan tras de si un regueiro de inundacións e caídas de árbores e barrancos.