A arte volveu ser a protagonista este sábado na inauguración da sexta edición de Córgomo Arte, a través dunha colección que leva por título Abismos, entre a sombra e a alma. Dez artistas achéganse este ano a Valdeorras amosando as súas obras nunha mostra que estará aberta ata o próximo 7 de xaneiro na Sala Conde Torino de Córgomo, Vilamartín de Valdeorras. En Somos Comarca quixemos falar con eles e coa súa comisaria Silvia Fiallega, para empaparnos da súa arte e coñecer as súas impresións.
Silvia Fiallega síntese “agradecida a Manolo e Torino” por confiar nela e “meterme neste proxecto” do que xa é o segundo ano que é responsable. “Proxectos coma este son excepcionais”. Silvia opina que é importante que a primeira porta se abra na casa do artista, é dicir, que “calquera sitio debería darlle unha oportunidade aos da casa. Que non sempre pasa”. Este ano ademáis, explica, “a nosa intención será mover a exposición, levar Córgomo itinerante e amosalo fora”. Para ela, “traer arte contemporáneo ao rural é algo magnífico cando non está organizado dende ningún tipo de asociación institución pública; esto se fai con ilusión que é o que marca a diferencia”.
Este ano catro dos dez artistas veñen á exposición por parellas. É o caso de Arturo Ceide e Beatriz Pérez de Monforte e Cristina Basanta e Lucía Vilas que veñen de Viveiro e de Barreiros, na Mariña Lucense.
Arturo Ceide e Beatriz Pérez, "Equipo Esparrela"
Contan Arturo Ceide e Beatriz Pérez que traballar en conxunto “é moi difícil, pero se consigue”, en Corgomo Arte VI podemos ver o resultado. Despois de moito debate e de facer un proxecto en equipo, estes artistas traen unha interesante proposta no que se pode ver ao desnudo “a xeometría que os artistas empregaban nas súas obras”. Segundo describe Arturo, “todas as obras dos artistas importantes teñen unha xeometría oculta. Nós o que tratamos de explicar é cuál é esa xeometría”.
Cristina Basanta e Lu Vila
Cristina Basanta e Lucía Vilas coñecéronse nun obradoiro en Sargadelos e dende aquela traballan xuntas. “Esta peza fala de nós, fala da nosa vida, das nosas emocións e sensacións”, explica Cristina. E, ¿por qué pintura en caixóns? “Porque é un elemento no que sempre gardas as cousas, todo o importante vai para ahí”, conta, así que para facer a exposición fixeron un chamamento para que todo o mundo lles levara un caixón importante na súa vida, e reuniron noventa. “Cada un fala de cada persoa e cada un conta unha historia diferente”.
Martín Lestao
Nesta mostra tamén podemos atopar a obra de Martín Lestao, de Burela, Lugo, con dúas obras que falan dos estereotipos actuáis. “Falamos da xente que se rixe máis pola súa imaxe que polo que é en sí”, explica, e engade que “os estereotipos na actualidade nos engaiolan, sobre todo o mundo das redes sociais”.
Luis Sánchez, "Lois Rúa"
E por fin, tamén podemos asistir á mostra para admirar a obra dos locais, como por exemplo a de Luis Sánchez, Lois Rúa, de A Rúa, un apaixoado da fotografía que nesta mostra amosa “fotos en blanco e negro co tema da exposición, a dunha paixase, dun instante que cinco minutos máis tarde xa non o tes, e dunha señoriña da zona alta das terras de Vilariño de Conso (…) a beleza galega por todos lados”, conta.
Manuel Conde
Manolo Conde, natural de Córgomo e un dos artífices que conseguiu levar a arte o seu pobo, deixa falar ao seu fillo Sául da súa propia obra. Saúl describe ao seu pai coma un “vangardista” que traballa sempre con madeira morta porque non “tala árbores, non lle parece ético” e amósase encantado de ser arrastrado ao mundo dun “gran artista”.
Victorino Núñez, "Torino"
Pola súa banda, Victorino Núñez "Torino", de Carballal, Petín, é o outro artífice da mostra xunto con Manolo Conde, amósase “moi contento coa nova edición, con moita xente de fora” e con ganas de sacar a mostra fora das fronteiras valdeorresas. Na sala poderemos atopar unha fertilidad e unha peza que simboliza “calquer tipo de bandeira que nos asfixia”, en relación aos problemas actuáis que vive Cataluña.