Audio. Dez artistas amosan a súas obras en Córgomo Arte VI

A arte volveu ser a protagonista este sábado na inauguración da sexta edición de Córgomo Arte, a través dunha colección que leva por título Abismos, entre a sombra e a alma. Dez artistas achéganse este ano a Valdeorras amosando as súas obras nunha mostra que estará aberta ata o próximo 7 de xaneiro na Sala Conde Torino de Córgomo, Vilamartín de Valdeorras. En Somos Comarca quixemos falar con eles e coa súa comisaria Silvia Fiallega, para empaparnos da súa arte e coñecer as súas impresións.

Silvia Fiallega síntese “agradecida a Manolo e Torino” por confiar nela e “meterme neste proxecto” do que xa é o segundo ano que é responsable. “Proxectos coma este son excepcionais”. Silvia opina que é importante que a primeira porta se abra na casa do artista, é dicir, que “calquera sitio debería darlle unha oportunidade aos da casa. Que non sempre pasa”. Este ano ademáis, explica, “a nosa intención será mover a exposición, levar Córgomo itinerante e amosalo fora”. Para ela, “traer arte contemporáneo ao rural é algo magnífico cando non está organizado dende ningún tipo de asociación institución pública; esto se fai con ilusión que é o que marca a diferencia”.