San Roque voltou á súa capela
19 de agosto de 2018 (22:22 h.)
O domingo despois da festividade de san Roque, a parroquia de Santo Estevo na Rúa, celebra a onomástica do santo cunha misa na súa honra y procesión ao remate.
Y é que, o santo do can que non ten rabo —como di a canción—lévase desde a capela ata igrexa de Santo Estevo, días antes, para o domingo voltar a imaxe ao seu lugar, onde permanecerá todo o ano.
Xa na capela os devotos tócanlle ao santo e piden o seu favor prendendo unha vela que queda alumeando na capela. A rosca que porta repártese entre as persoas que o solicitan ata que os cachos acábanse.
Na misa cantada polo coro parroquial contouse a vida e milagres deste santo que loitou polos pobres e curou a moita xente da peste.