O Concello de Vilamartín invitado de honra na V Baco Festa
A Baco Festa, un ano máis, arrancou desde o centro da ponte da Cigarrosa simbolizando a unión entre os pobos de Petín e A Rúa. O alcalde rués Luis Gudiña portou o Disco de Teodosio, regalo do Concello de Almendralejo. Na presente edición uniuse a marcha romana a veciña localidade de Vilamartín, quen como convidado aportou o son dos seus bombos.
O folión dos Viticultores acompañou a comitiva desde A Cigarrosa ate o Aguillón onde o gran José Fernández —coñecido polos afeccionados á fotografía como Pepe do Cañete ou Pepe das Pedras— fixo un repaso desde a época castrexa aos nosos días utilizando como guía o camiño recorrido pola comitiva desde a Cigarrosa ate o Aguillón..
Ao remate do pregón percorrido polos postos das adegas —este ano participaron 9—, e logo exhibición de falcón con señuelo. Xa as 23.30 horas xornadas de Folclore.
Un pregón cargado de historia e valores
Tras a presentación do alcalde, Luis Gudiña, quen fixo un breve resumo das actividades e de todo o que os visitantes podían ver e facer, José Fernández tomou a palabra.
Comezou relatando a estadía dos romanos en terras de Valdeorras, de como os castrexos primeiro se revelaron e logo uníronse a eles por que así pagaban menos impostos. Instruíu Fernández a todos os presentes sobre a cultura castrexa e romana e, como bo estudoso a pé de campo, deu a coñecer que desde Quereño a Larouco hai más castros que en todo Asturias.
Tamén eran cuantiosas as minas a ceo aberto que posuían os romanos pola zona: Medulas, Valdegodos, Córgomo, a pala entre Somoza e Vilela, Montefurado, ou o Barranco Rubio, todas elas a ceo aberto y explotadas co sistema ruina momtium. A forma de extraer o ouro das augas encarnadas do Sil, ou de como co mercurio se recuperaba o brilante metal dos crisoles foron algún dos interesantes temas relatados.
Tras dar un salto no tempo, Pepe recordou moitos comercios e tendas que existiron, na súa xuventude, desde A Rúa a Petín facendo o traxecto da comitiva trouxo a memoria dos que escoitaban o Bar da Alpargatera ou La Taza en Petín, pasou polo Bar Madrid ou Casa Avelino ata chegar as Gayoso. Y é que onde quería chegar o pregoeiro era a salvagardar a riqueza dos pobos, que volvan a ter vida e iso faise mercando e creando riqueza entre nos.
Pero sen dúbida o mellor do pregón estivo na parte final, nas reflexións feitas sobre a vida e a materialidade que embarga todo o que tocamos. «Vivimos con pouca cosa e co pouco que temos repartimos, e somos felices. Soamente temos que pensar que o mañá non existe. Non o mais rico e o mais feliz », con estas reflexións chegou Fernández ao final.
Agradeceu o alcalde da Rúa, o de Vilamartín, os presentes, pero sobre todo a súa muller Fina, os seus fillos e os netiños Brais e Xoel.
Vilamartín, concello convidado
Como bo convidado o concello de Vilamartín non chegou a festa cas mans valeiras. Agasallou ao seu anfitrión co son dos bombos do folión Os Viticultores e, con un posto, onde estivo presente a súa historia e as súas xentes.
Dentro do apartado cultural, Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, informou desde a caseta do concello sobre a persoa e obra de Florencio Delgado Gurriarán —para quen se reivindica o Día das Letras Galegas—. Non faltaron os gravados de Xaime Parada ou a historia do abade Ruiz de Padrón, quen participou nas cortes de Cádiz de 1812.
Os coveiros de Vilamartín, os de arcos e os adegueiros de Correxais amosaron a parte festeira e máis coñecida do sentir vilamartinés. Na caseta amosouse os panos e cuncas de cada unha destas festas.