Ó mal tempo, gran folión!
A chuvia é causante de que noventa mulleres recorran as rúas de Viana dándolle a benvida ó Entroido
Neste mes de entroido o mal tempo e a chuvia foron os causante de que «As xentes de Valdeorras» se foran de troula e de folión até Viana. Cristian López de Mendello TV, achegouse a Viana para falar cas mulleres que configuran un folión cuxa singularidade é que «todas» son mulleres. Comezaron hai catro anos un día que chovía e os homes non quixeron saír polas rúas da vila.
Daquela foron oito é hoxe, despois de catro anos case chegan ás cen, exactamente son noventa. «Era un día que chovía os homes estaban en Punxeiro e tiñan que ir a Fradelo e nos quedamos en Viana e así que escampou, tocamos por Viana. Pasámolo tan ben esa noite que o ano seguinte repetimos quedamos para unha comida na que eramos 30 e este ano xa somos 90», explica una das compoñentes do folión.
Na seguinte ligazón podes escoitar como ás presentaba Cristian no programa +d1 Valdeorras emitido o pasado 12 de febreiro: