sábado. 07.06.2025
Terras de Trives

Martes de Entroido truncado pola choiva en Trives

Ás cinco da tarde de este Martes de Entroido estaba previsto o inicio do desfile de comparsas e Folións polas rúas de Trives, pero a localidade viuse na obriga de cancelar o pasarrúas por mor da choiva, que non cesou en toda a xornada.

Con todo, Trives non cedeu ante o inconvinte meteorolóxico e arredor das 18.00 horas, algunha comparsa e un par de folións saíron a amenizar a tarde, e pouco a pouco, os veciños comezaron a saír á rúa para ver e escoitar de cerca o son dos bombos, tambores e distintos artiluxios que tocaban os Folións.

O pasarrúas remataba no Centro de Interpretación Santa Leonor, onde se acondicionou unha sala para que tamén os máis cativos disfrutaran de este Martes de Entroido bailando e tocando. No mesmo centro, agochados da choiva, tivo lugar a chocolatada e os posteriores pinchos para todos os participantes deste Entroido pasado por auga.

 

Martes de Entroido truncado pola choiva en Trives