sábado. 20.04.2024
Terras de Trives

Fin do entroido de verán en Trives

A artesanía e o entroido de verán foron os pratos estrela deste fin de semana en A Pobra de Trives, onde os habitantes e turistas non tiveron tempo para aburrirse, e incluso dende hoxe tampouco teñen tempo para non facer nada.

O venres deron comezo os actos do “X Entroido de verán” -organizado pola asociación A Caniceira- coa IX edición dos cantos de taberna. O sábado foi a quenda para a feira de artesanía, a cal abriu as súas portas ás 11 da mañá, acto previo a unha nova edición do campionato de billarda.

Xa de noite -de tarde continuou o mercado de artesanía- Los Íñigos foron os encargados de poñer o toque musical a esta nova edición do entroido coas súas cancións dos anos 60, 70 e 80 con sabor a veráns moi míticos.

O domingo leváronse a cabo unha chea de actividades, algunha delas destinadas aos máis pequenos da casa, tamén houbo tempo para a sesión vermú das Macizas Centrais, o desfile de folións con grupos chegados desde diversos puntos, e por último pechou o programa de celebracións a actuación do grupo barquense Son do Sil, os valdeorreses deleitaron dende o ensaio a xente de Trives coas súas cancións.

O entroido despídese por uns meses ata que no próximo mes de marzo, folions e disfraces vólvanse a unir, pero ata aquelas en A Pobra de Trives queda moito que facer.

Fin do entroido de verán en Trives