viernes. 19.04.2024
Terras de Trives

Inauguración da exposición Saudades en Trives

Onte as 17:30 h inaugurouse en Trives a exposición de pintura Saudades da artista Aurora Espina. Esta poderase ver na sala de exposicións do edificio Santa Leonor do 1 ao 31 deste mes.

A mostra está composto por 25 cadros nos que a artista plasma todo aquello que lle remove os sentimentos, a vida en estado puro mediante técnicas de pintura variadas. Nas diferentes obras aparecen varios recunchos da vila dende a mirada de Aurora.

A autora, con ascendentes de Trives, confesa que sempre estivo moi ligada á vila onde pasou gran parte da súa infancia e adolescencia. Comezou coa pintura dende nena, e xa na adolescencia decatouse de que esta era a súa verdadeira paixon. Pouco a pouco o seu estilo fíxose mais íntimo e introspectivo.

Espina recordou con especial agarimo aos seus familiares falecidos. En especial ao seu pai, que sempre a animou a pintar e lle deu folgos nos momentos máis difíciles.

Inauguración da exposición Saudades en Trives