jueves. 28.03.2024
Terras de Trives

Sábado de cantos de taberna na Pobra de Trives

Organizados pola asociación A Caniceira participaron 10 agrupacións musicais e colaboraron 12 establecementos hostaleiros da vila

A asociación A Caniceira xunto cas Macizas Centrais organizaron un ano máis, no sábado 23 de novembro, os cantos de taberna na Pobra de Trives.

Foron dez as agrupacións que participaron na presente edición. Xunto ca anfitriona, As Macizas Centrais cantaron polos bares San Nordés, Rondalla e Sómosche d'Herbas, os tres da Pobra de Trives. Son do Bibei e Parrandas achegáronse desde Valdeorras e Os Trabazos e Os Bolécoras desde as veciñas Castro Caldelas e Manzaneda, respectivamente. Desde As Rías Baixas A Papuxa de Vigo e desde Ourense Os Relamidos.



Troula e bos sons para unha tarde plomiza onde o a protagonista foi a música. Os bares colaboradores foron: San Martín, O Cafeto, Quintela, ACantina do 4, Boliche, Manolo's, Bodegón, Sky, Troula, O Paiño e Panadería María.

A xornada que deu comezo ás sete da tarde na Praza do Pilón, entregándolles os horarios, rematou arredor da medianoite na Praza do Reloxo, onde cada grupo recibía un diploma de agradecemento. Tamén se sortearon 2 lotes de produtos caniceiros entre os grupos asistentes.
Despois varios dos músicos seguían a festa polas tabernas facendo que a música non parase.



O pasado 9 de setembro coa celebración do Entroido de Verán, na vila celebráronse tamén cantos de taberna. Nesta ocasion foron sete os grupos partcipantes e tamén foi a Asociación Cultural A Caniceira da Pobra de Trives quen os organizou. Os cantos foron o prolegómeno  du Entroido de Verán divertido e participativo. Houbo nesa data unha Mostra de Patrimonio Inmaterial. O Entroido terá lugar os días 9, 10 e 11 de agosto nas rúas e prazas da vila.

Sábado de cantos de taberna na Pobra de Trives