domingo. 08.06.2025
Terras de Trives

A chuvia non puido co Entroido de Verán de Trives

A chuvia so apareceu nos intres finais do evento

A Asociación A Caniceira organizou unha nova edición do Entroido de Verán en Trives, o cal culminou co tradicional desfile de folións e o concerto do grupo de Rianxo "Os Fillos do Estramonio" nun día onde a chuvia non estropeou o evento.

Parecía que as nubes descargarían sobre a vila trivesa antes do inicio do desfile, pero non foi así para ledicia de todos os asistentes.

Un total de 7 foron as asociacións de folións participantes chegados dende A Pobra de Trives e outros lugares como Castro Caldelas, Vilamartín ou Petín.

Case ao final do desfile a chuvia fixo acto de presencia, o que provocou que os espectadores do evento marcharan a outras zonas da vila a resguardarse baixo teito.

Como colofón final a esta nova edición do Entroido de Verán de A Pobra de Trives, o grupo rianxeiro Os Fillos do Estramonio deleitaron a todos os veciños con cancións coma "Jastei o gel" ou "Maikel Nai" a través da voz de Pepe Capelán, quen non dubidou a hora de poñerse a tocar co folión de A Caniceira.

Pepe Capelán (a dereita) co folión de A Caniceira

A chuvia non puido co Entroido de Verán de Trives