viernes 3/12/21
Terras de Quiroga

Quiroga celebrou a Mostra do Aceite marcada pola precaución

A Mostra do Aceite regresou con éxito de afluencia de o seguemento dun protocolo anti-Covid para manter a precaución ante o virus

A Mostra do Aceite de Quiroga pudo celebrar a súa 21ª edición en Bendilló. Tras un ano de ausencia debido a Covid-19, neste 2021 os feriantes e os visitantes volveron a ofertar, vender e disfrutar do ouro líquido desta terra e ademáis en diferentes formas, sempre con precaución de diferentes protocolos.

Xunto a venda de botellas con aceite, os comerciantes tamén venderon doces elaborados ca materia prima ou marmeladas. Entre os postos tamén encontrábanse artesáns que ofrecían os seus productos como garfos ou coitelos realizados en madeira.

A afluencia tal e como subliñaron os alí presentes foi algo inferior aos outros anos debido tamén a influencia do virus. Entre os mesmos encontrábase o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Entre o protocolo a seguir estaba o control de aforo cun máximo de 200 persoas, hixiene de mans, uso de máscara e tamén a cita previa para poder ver o muíño de aceite, en grupos de 4 persoas. Tamén estaba moi limitada a asistencia a proxeción do proceso da elaboración do aceite cunha entrada de 8 espectadores a vez.

Comentarios
Quiroga celebrou a Mostra do Aceite marcada pola precaución