jueves. 30.03.2023
SUCESOS

Ferido un home en accidente de tráfico en Alvaredos (Quiroga)

O vehículo no que

viaxaba saíuse da estrada e bateu contra unha árbore

O condutor dun vehículo que circulaba pola estrada LU-933, en dirección Alvaredos, resultou ferido o saírse do vial o coche no que viaxaba. O turismo baixou uns catro metros polo barranco até que bateu contra unha árbore.



Segundo nos confirman do 112 Galicia, o condutor foi trasladado ao PAC do Hospital Comarcal Valdeorras para avaliar as feridas. Nestes momentos está en observación.



Tras a chamada recibida no 112 Galicia, ás 17:32, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención do 061 Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, GES de Quiroga, Protección Civil de Quiroga, Policía Local e Bombeiros de Monforte, aínda que estes non tiveron que intervir.

Comentarios
Ferido un home en accidente de tráfico en Alvaredos (Quiroga)