Rubiá botouse a rúa para defender a praza do médico

Unha sinal de perigo na que se podía ler «Rural en extinción» era  o que portaban no peto, os centos de manifestantes que percorreron as rúas de Rubiá desde a praza do Concello, ata o Centro de Saúde, pasando pola estrada de Villafranca.

Detrás da pancarta de «Sanidade Digna», que encabezaba a manifestación, colocáronse os membros da Plataforma pola Sanidade de Rubiá, os da Plataforma por unha Sanidade Digna, concelleiros do Concello de Rubiá e representantes sindicais do Hospital Comarcal.

Nos letreiros reivindicativos que portaban os manifestantes lemas coma «Somos persoas non números» —este tamén coreado o longo do traxecto—, «Un médico para 100,7 km2. Sanidade?», “Manter atención primaria de calidade” ou «Ruralizate? E, quitan aos médico», en clara alusión o que desde a plataforma se cree que está a pasar co rural.

 

Chamada a defensa do rural ao fin da manifestación

Ao finalizar a marcha polas Rúa de Rubiá, e xa no Centro de Saúde, unha portavoz da Plataforma pola Sanidade de Rubiá leu un manifesto, no que se subliñaba que o rural existe. «Moitos de nos apostamos por quedar, desfrutamos da tranquilidade e criamos aos fillos sen o agobio das cidades. Algúns  revitalizan os pobos facéndoos máis acolledores, casas de turismo rural e experiencias ca natureza no Parque da Serra da Enciña da Lastra. Non somos moitos, pero se melloramos as nosas comunicación poderemos dar unha alternativa a despoboación», subliñou Maite —da plataforma— aos asistentes.

Maite recordou a xuntanza veciñal mantida con Julio García —director da Área Sanitaria— na que se lle pedía a restitución da praza médica, sen por en dúvida, segundo as súas palabras, a profesionalidade do doutor Palmeiro. «A quen cuestionamos é ao Sergas que non é capaz de admitir que vivimos nun concello cuxa extensión é de máis de 100 quilómetros cadrados. Chegar a cada pobo leva tempo, tempo no que ninguén atende aos pacientes do Centro de Saúde», leu Maite no manifesto. «Queremos un médico fixo que cubra a praza do que se xubilou, e non nos conformaremos ata conseguilo, porque é xusto e merecido», foron as derradeiras palabras pronunciadas pola portavoz da plataforma.

Opinión de Elías Rodríguez, alcalde de Rubiá

Elías Rodríguez, presente na manifestación tamén opinou ao respecto, deixando moi claro que a el o que lle importa son os seus veciños, por iso estaba alí para apoialos. «A situación preocupábamos a todos, plantexámoslle ao Sergas unha serie de iniciativas, eu creo que a resposta neste sentido foi bastante positiva. Eles viron a situación e patexáronos unha solución que eu creo que é unha boa. Nestes momentos unha vez que empece a funcionar veremos o resultado que eu creo que vai a ser bo. O servicio de calidade estaba garantizado xa que os facultativos que hai teñen unha cualificación máis que suficiente», declarou o alcalde a este medio. Valorou positivamente a resposta do Sergas aínda que pensa que falta ver se funciona.

Declaracións de Elías Rodríguez