Audio. Rubiá celebra o segundo Mercadiño de Nadal
O sábado día 2 de decembro, ás 12:30h na Casa da Cultura, tivo lugar a inauguración do segundo "Mercadiño Navideño de Rubiá" que permanecerá aberto ata o domingo 3 en horario de 12:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h durante toda a fin de semana. Postos de artesanía de todo tipo, desde labores de ganchelo a xoias feitas con estaño repuxado ou con cápsulas de café ate adornos navideño, todo ten cabida. Dentro da celebración da feira, inclúese a entrega dos premios do concurso de fotografía Rubiá, outono sen filtros organizado polo concello, programada para o domingo ás 17:00h.
O importante como nos dicía a organizadora Laura Iglesias é que a xente o pase ben e darlle un pouco de vida ó pobo. O traballo da organización e totalmente altruista e como nos dicía Iglesas “con estas pequenas cousas o que queres conseguir é que a xente se mova”. Pero Laura non está sola nesta aventura, “a sorte que teño é que sempre teño axuda dos amigos e o visto bo do alcalde, esto facilita moito as cousas”.