sábado. 20.04.2024
Rubiá

Rubiá celebra esta fin de semana o Mercadiño de Nadal

Nos postos deste mercadiño destacan os prudutos artesanais coma pan, licores ou doces

O Concello de Rubiá organiza un ano máis o Mercadiño de Nadal que se celebrará no interior do recinto da Casa da Cultura entre hoxe 14 de decembro e mañá día 15.

Neste mercado de produtos tradicionais pódense atopar produtos coma mel, pan, doces ou licores. Tamén artesanía en coiro e xoiería, artigos de segunda man. Como é habitual, os nenos e nenas do colexio Virxe do Camiño de Rubiá, montaron o posto de adornos de Nadal co fin de recadar cartos para a excursión de fin de curso.

O Mercadiño estará aberto de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.



Mañá último día de mercado faráse entrega dos premios do terceiro concurso de fotografía «Rubiá outono sen filtros». Tamén haberá degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.

Esta é xa a cuarta edición dun Mercadiño de Nadal que se consolida segundo que pasan os anos. Comezou no 2016 para que os veciños e veciñas mostrasen os seus produtos, artesanía até para vender cousas de segunda man e nesa primeira edición chegaron a contarse até 12 postos. Agora xa é unha cita case que obrigada.

Rubiá celebra esta fin de semana o Mercadiño de Nadal