viernes. 19.04.2024
Rubiá

O Entroido Miúdo de Rubiá contou con teatro, disfraces e merenda

Rubiá comezou o Entroido o sábado 10 de febreiro cunha festa e teatro para os mais pequenos na Casa da Cultura, o Entroido Miúdo.

As 17:00 horas Trécola Teatro interpretaba “Madame Bechamel e Signorina Bolognesa”, unha obra que fixo rir e participar ós rapaces que se achegaron a Casa da Cultura e na que, as actrices cociñaron e catalogaron os bicos. Así o da aboa foi un bico cun con un belisco, o do rato, trátase de dar moitos biquiños de seguido cos morriños coma si se tratara dun peixe. Fritiron o bico aliñárono e o final cantaron un canto no que os rapaces participaron e no que había verbas coma cortar un bistécolo ou pelar unhas patácolas que amosaron as gargalladas dos espectadores.

 

 

Despois da obra de teatro o concello agasallou a todos os nenos cunha merenda na que máis de dúas ducias de nenos xogaron, divertíronse e comeron. Un coello que aínda non sabía camiñar, superman, fadas, cabazas, carapuchiña vermella, bruxas, unha golfista, un oso.

O Entroido Miúdo de Rubiá contou con teatro, disfraces e merenda