A Virxe do Camiño volveu a súa capela o día da Ascensión

As festas da Ascensión en Rubiá comezan ca misa na igrexa e a posterior procesión para levar a súa patroa de volta á capela

O xoves, día da Ascensión, marca o comezo das festas en Rubiá nas que a música e diversión estan garantidas até o domingo.

Unha salva de bombas anunciaba a festa da Ascensión en Rubiá a primeira hora da mañá. As doce, a misa, e despois dela os veciños retornaron a imaxe da súa patroa, a Virxe do Camiño, á capela na que está todo o ano. Hoxe o calor apertaba no pobo, o termómetro case chegaba aos 30º que facían que  o refraneiro popular se cumprira.« Tres xoves hai no ano que brillan máis co sol, Xoves Santo, Corpus Christi e a Ascensión», ademais de brillar queimaba.

A imaxe da Virxe do Camiño saíndo da igrexa de Rubiá

Ao remate da procesión —que dura case unha hora— comida familiar e logo por diante catro días de festa no que os rubianeses e os que se acheguen ao pobo poderán bailar coas orquestras: Stereo, Cañón, Malasia (Asturias) e Gran Casino, ca que rematará a festa o domingo.

Se queres escoitar a entrevista que Raquel Cruz lle fixo a Ricardo Soto, na que contou todo o que haberá nas festas da Ascensión, fai click na seguinte ligazón: