martes. 17.06.2025
Petín

Petín reuniu a mais de 800 persoas nas adegas

A Asociación Fonte Grande organizou un ano mais a «Ruta das Bodegas», en Petín. Nesta cuarta edición participaron catorce adegas. Esta ruta pretende darlle un pouco de vida ó concello e tamén por en valor o carácter amable e festeiro dos veciños.

Covas e bodegas puxeron a disposición dos visitantes pinchos variados de queixo xamón, salchichón, chourizo, paella; pero sen dúbida, o prato estrela foi a panceta cociñada por Telé, Guzmán e Miguel, e repartida por Tere.

Durante todo o recorrido polas rúas de Santiago, barrio onde se atopan as adegas, os cantos de taberna de Pándega e a música do grupo de gaitas de Castro Caldelas animou a xente. Ao remate festa rachada na praza petinesa coa discoteca móbil Stuu.

Mais de oitocentas persoas puideron desfrutar deste recorrido pola cultura do viño e dun pobo.

Petín reuniu a mais de 800 persoas nas adegas