lunes. 18.08.2025
Petín

Os folións deixáronse ouvir en Petín e Vilamartín

Os Bombos deixáronse ouvir na tarde do sábado, 24 de febreiro nas localidades valdeorresas de Petín e Vilamartín.

As 16:30 comezaba a xuntanza de folións en Petín cas agrupacións de Buxán, A Caniceira e Os Labregos de Trives, O Irrio de Caldelas de Castro Caldelas e o folión de Petín. Case que tres centos de persoas xuntáronse polas rúas do concello petinés para animar os veciños nos prolegómenos da festa do entroido. Despois de facer soar os bombos, aixadas e demais instrumentos tiveron una comida a base de pinchos no Teleclub de Petín.

En Vilamartín a xuntanza comezou un chisco mais tarde, ao redor das 17:30. Polas rúas vilamartinesas desfilaron e tocaron os folións de Carracedo da Serra e Tameirón, da zona da Gudiña, , Sobrado, e coma non, os anfitrións, Os Viticultores. Fixeron una parada en torno as 19:00 para tomar un tente en pe nas covas vilamartinesas abertas para a ocasión, para tomar de novo os bombos e achegarse ate a praza onde lles esperaba una chocolatada.

Entre as dúas localidades reuníronse mais de medio milleiro de persoas.

Os folións deixáronse ouvir en Petín e Vilamartín