Case un cento de vehículos chegaron a Petín na mañá do 9 de xullo para participar na II KDD Racing que organiza un grupo de afeccionados ó motor, La Granja Racing. Viñeron de toda a comarca, das Terras de Trives e do Bolo, do Bierzo, Asturias e de diferentes puntos da comunidade galega.
A KDD comezaba ás 11:00 ca apertura de inscricións; a medida que ían chegando os vehículos aparcábanse no poboado de Iberdrola para que a xente lle botase unha ollada, logo a comida no polideportivo e cara as cinco subiron o paraxe do Campelo, situado á entrada de Mones, no que os pilotos mostraron as habilidades ó volante. A zoa de slalom contaba cun bar e música de DJ´S, onde os presentes falaban de rodas, motores, cambios, “coller ideas para preparar o teu” como nos dixo Borja que viña desde Viana. Daniel un dos organizadores explicounos, “isto é unha quedada racing, correr co coche, preparacións de motor, de mecánica, de todo o relacionado co mundo dos rallies”. Tamén nos enteramos que, a esta xente non lles gusta nada a palabra “tuning”. Daniel tamén sinalaba que se repetirá o vindeiro ano e que queren que chegue a ser a mellor Quedada do noroeste de España. “Pasalo ben, xuntarnos e falar de coches, non hai nada relacionado co automobilismo na comarca desde que se deixou de facer a Subida a Valdeorras”, afirmaba Daniel, quen tamén asegurou que se seguirá facendo en Petín xa que a xente e o concello apostou por iles cando precisárono.
As dez e media foi a cea e o remate a actuación da disco-móbil STUU, na praza de Petín.
Houbo premios para o coche máis baixo, o máis ruidoso, o máis antigo, o que veu de máis lonxe; tamén para o grupo máis numeroso, para o que tivo mellor tracción dianteira en pista e para o mellor TT/4×4 en pista.