viernes. 19.04.2024
Petín

Catro folións encheron as rúas de Petín cos sons do Entroido

Se o sábado pasado era Vilamartín quen recibía os folións na nosa comarca este, tocoulle a quenda a Petín. Catro folións desfilaron e fixeron soar aixadas, bombos, rodos, tambores e demais aparellos agrícolas polas rúas do pobo.

Os Viticultores cambiaron o cor mencía polo verde

Desde o toural até a praza a Asociación Cultural Folión Carracedo da Serra, Os viticultores de Vilamartín, Folión de Tameirón e os anfitrións, o Folión de Petín, desfilaron e pasarono estupendamente ben.

Doces que agardaban que lles deran un bocado

As 20:00 horas, os de Petín agasallaron cunha merenda aos visitantes, na que ademais de tortilla, chourizo, xamón,  queixo, empanada, houbo moitas lambonadas: bica, torta de roxóns, tarta de mazá e para rematar un riquísimo chocolate, feito por un dos membros do folión.

Pote de chocolate para agasallar os compañeiros dos folións

O pasado sábado foi o outro folión que hai en Petín «Arrieros» o que invitou os folións achegados, e tamén acabaron merendando na Casa da Cultura despois das actuacións.

O final retos entre bombeiros na praza

O Xoves de

comadres o son do Entroido deixarase ouvir de novo polas rúas do concello, como

ven sendo habitual nos últimos anos.

Catro folións encheron as rúas de Petín cos sons do Entroido