Calor e moito que ver, beber e comer na Feira de 1812 de Petín
Baixo un sol de xustiza arrancou a Feira de 1812 en Petín co pregón a cargo de María Antonia Vazquez Díaz, docente da Universidade de Oviedo. Quedan por diante dous días de festexos e diversión para conmemorar dun xeito especial a Constitución de Cádiz. Actividades para os nenos con un tren que percorre toda a Feira, concentración de cabalos, exposicións de bonsais e radios antiguas, fragua e moitos oficios da época.
Pregón costumista de María Antonia Vázquez
Maria Antonia Vázquez Díaz “A Nena”, foi presentada por Juan José Rodríguez “Chavito”, quen deu un repaso a traxectoria profesional da pregoeira.
Maria Antonia, nada na Coruña, chegou a Petín, como ela mesma recordou, no ano 1970 da man do seu Marido José Díaz, “O Mediquillo”. Vázquez o traveso da súa propia historia retratou a vida e costumes dun pobo que como ela mesma asegurou “es un pueblo de acogida, no de rechazo, sus gentes son camaradas a los que les gusta hablar, viven y dejan vivir y no les gusta que les compliquen la vida. Si quieres hacerlo hazlo pero a mi déjame tranquilo”.
Por este pregón pasaron algúns alcumes os que son tan dados os petineses que, como ben dixo Vazquez ” en este pueblo todas las familias tienen un mote, un apodo, algo que los identifica, pero no peyorativo, no insultante; cariñoso. Son nombres que han hecho a un pueblo”. Así entre outros sinalou os da propia familia do seu marido que por un lado son Periquitos e polo outro Mudos, pero tamén se nomeo aos Xudas, A Caleca, O Peque, O Dito, O Querol, O Pirinolas, O Chancanchán, O Maduro, A Queridiña, O Zurdo e moitos máis. As veces estes alcumes veñen dunha característica persoal, outras da familia e outras do propio nome da persoa. O que é certo e que en Petín se non tes alcume póñencho.
Recordou a personaxes singulares coma O Corbatas ou O Chaves, tamén a maneira de socializar o traveso dos xogos de cartas, as chapas, o chateo ou a tertulia no bar, as parolas na praza.
“ Dicen que Petín é un pobo festeiro e pouco traballador, o que somos é alegre s y estamos orgullosos de ser de aquí”. Resaltou que en Petín ninguén é forasteiro e que se hoxe chegaran os franceses non pelexarían senon que se quedarían a vivir para sempre, xa que o carácter dos petineses e de acollida.
Rematou o seu discurso con un “Petín pita y seguirá pitando”.