lunes. 18.08.2025
Petín

Bailaron, desfilaron e venceron

Bailaron e desfilaron. O público petines rendeuse ante unha trintena de nenos co deron todo na pasarela situada na praza do pobo. Emoción e diversión para unha noite de verán.

As 10:00 do venres 18 de agosto 30 nenos desfilaron pola pasarela situada na praza Dr. Quiroga de Petín. Bailaron, brincaron, desfilaron pero o mais importante pasárono moi ben.

Avós, pais, nais, tíos, amigos e veciños gozaron do espectáculo duns verdadeiros artistas. Coreografías inventadas por eles mesmos coa axuda dos maiores e con camisetas tuneadas nun obradoiro de verán, feito no Tele Club en dúas semanas, bastoulle a estes nenos para triunfar ante un público que chegou a emocionarse.

Para rematar un baile de zumba a ritmo “despacito” e caraveis para os que os estaban vendo.

Bailaron, desfilaron e venceron