Moito ambiente e
animación na praza do Dr. José Quiroga Suárez, lugar de celebración da feira
mensual da capitalidade do concello
Xa había ganas de pulpo, de terraza e de cañas, por fin chegou o tempo de asistir á feira que en Petín se celebra o 21 de cada mes. A última foi aló polo mes de febreiro antes incluso do Entroido, e de eso xa vai moito tempo. O largo receso fixo que a praza se enchera de xente.
Postos de roupa, zapatos, calcetíns e toda clase de vestimenta situáronse ao redor da farola da praza. Non faltou o pulpeiro da Portela, fiel a súa cita mensual e tampouco as cañas na terraza do Pitón ou do Cuatro —O Coxita aínda segue pechado—.
O sol resplandecente deste 21 de xuño que marca o inicio do verán, axudou a que na praza se xuntaran mozos e vellos, nenos e non tan nenos. Uns a xogar e brincar, outros a mercar e, outros moitos máis, a desfrutar do paso do tempo cunha cervexa fresquiña entre as máns e unha tallada de pulpo no papo, sen olvidarnos do pracenteiro de comer o cacho de pan mollado no aceite do cefalópodo rei das feiras.
Mascarillas de todo tipo, significar a de Merce do Pitón de Petín coa súa Betty Boop particular. Gardouse a distancia social, até na hora de acercarlle a compra aos clientes e, tamén se deixou ver Protección Civil para informar aos asitentes sobre as normas a seguir para non correr riscos innecesarios.
Petín súmasé así a normalidade en canto a feiras, como xa ocurriu en Fontei, Viloira o Larouco en pasados días. Ogallá sexa o primeiro de moitos!