sábado. 10.12.2022
O Barco

Polos Camiños do Tempo volveu a recorrer a historia do Barco e Viloira

[row][double_paragraph]

[/double_paragraph][double_paragraph]

A programación das Festas do Cristo do Barco volveu incluir neste 2018 o roteiro Polos Camiños do Tempo, onde varios actores fan un repaso histórico da vila.

En torno ao medio centenar de persoas acompañaron as personaxes históricas nun percorrido que comezou na Praza Maior e rematou en Viloira. O roteiro, foi interpretado por Gargallada Teatro outro ano máis, con guión de Gustavo Docampo e dirixidos por José Luis García Alejandre "Álex".

O médico Don Pepito de Viloira, o fidalgo Manuel Quiroga, o empresario Marcelino Suárez, o dramaturgo Lauro Olmo ou o poeta Florencio Delgado Gurriarán, son algunhas das figuras históricas que se cruzaron no camiño dos participantes, con escenas ambientadas dende o século XVIII ata os anos oitenta do século pasado.

 

Ademais de na Praza Maior, o percorrido detívose tamén na Rúa Real, na pasarela do Sil, na Casa Grande de Viloira e xunto á Ponte da Barca, onde se debateron os detalles da poxa do servizo de paso da barca entre O Barco e Viloira tal e como podería ter sucedido hai máis de 200 anos.

Comentarios
Polos Camiños do Tempo volveu a recorrer a historia do Barco e Viloira