Os socialistas de Valdeorras, encabezados pola parlamentaria Noela Blanco, unían forzas na mañá do venres 4 de xaneiro para reclamar á Xunta que «revirta, nun xiro de 180 grados, as súas políticas en materia sanitaria, e cambie ó conselleiro de Sanidade», que está a dar tódolos pasos «para eliminar a área sanitaria de Valdeorras». Así o manifestou a deputada en rolda de prensa, na que anunciou a inminente presentación «dunha batería de iniciativas que rexistraremos ó longo da semana que ven pola situación en que se atopa o Hospital Comarcal, que nós consideramos que é inaceptable».
O que para o PSOE está a pasar en Valdeorras é «unha reduccion de servizos, centralización para Ourense» e incluso «recentralización da propia capital hacia o hospital de Vigo», algo que dice, «no nos sorprende» porque «nós alertamos desta situación cando o PP, de maneira unilateral, reformou a Lei de Saúde pola porta de atrás».
Pola súa banda, o portavoz dos socialistas na comarca, Aurentino Alonso, explico que é patente que «o déficit de especialistas agudízase cada vez máis» como mostra «a denuncia dun facultativo de urxencias cando sinalou que se estaban a cubrir partes falsos no servizo». Insistía Alonso en que «os valdeorreses temos moitos motivos para preocuparnos polo que está a acontecer coa sanidade na comarca» posto que «faltan especialistas en medicina interna, nos traslados de pacientes graves, nas gardas, nas especialidades como hematoloxía, déficit de cirujanos, anestesistas, pediatras, etc».
Coa intención de buscar unha solución ó problema, reclamaban a comparecencia do conselleiro ademáis do seu cese, e anunciaban que «sustanciarán» esas iniciativas en sesión plenaria a partir del próximo día 15 de enero.