Noite Branca con animación polas rúas e bo volume de vendas

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
terraza o barco
juguetería
elena top queens
garoba noite blanca
ana de la puente
quiosco
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
comida
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Noite Branca no Barco 2016

As baixas temperaturas impropias da época do ano na que estamos e a retransmisión do partido de Eurocopa da Selección Española minguou a participación de xente nesta nova edición da Noite Branca. Pese a estes contratempos, os comerciantes que se adheriron a campaña   cualificábana de éxitosa tanto pola animación nas rúas, como polas vendas acadadas; que pese a ser menores co ano anterior tamén foron boas, suliñaban os comerciantes.

"Divírtete paseando e mercando nunha noite diferente" era o lema escollido polo Barco Aberto Centro Comercial, e non defraudou xa que a xirafa  Josefa ou Rufino animaron a tarde noite do 17 de xuño.

Cunha decoración especial na que os globos e o branco foron os protagonistas 39 establecementos participaron no evento. Crash, Azul y Rosa, Zapatería Palpié, Super Onda, Boutique Glory, Mercería Carmiña, Miranda X, Margot Peluquería, D´Chus, Deportes Tri-Sport, Baamonde Zapatería y Complementos, Ana de la Puente Perfumería y Estética, Bisutería y Complementos Eiffel, Zapatería Step Up, Miranda M, Ana Óptica,  Can-Can, Perfumería Pamen, Chuches Ale, Mis Personajes, Laurarte, Flores Snat, Mhussk, Pizpireta, Garoba, Depidel, Top Queens, Librería Murciego, Boutique Suá, Estética Rocío Carracedo, Moral Zapatería, Bar A Cova, Vinum, Divino Paseo, 13/14, Tapería Al Natural, Pilardos e Confecciones Elena, agasallaron os clientes con descontos do 20% en toda a roupa de tempada e moitas sorpresas.

A animación, espectáculo e música polas rúas estivo a cargo de Troula Animación, ca xirafa Josefa, o domador e a funanbulista no primeiro pase e  os cociñeiros Rufino e Rufina no segundo, quen motivaron con argalladas e risas as compras. O pasarrúas tocárono os Celtas Largos, DJ Ton y Son puxo a música en Abdón Blanco, e  Son D´Vigo actuou no paseo do Malecón a partir das 23:30. Os establecementos de hostalaría participantes dispuñan de paella para agasallar os clientes.

Noite Branca, unha nova iniciativa do Barco Centro Comercial Aberto para potenciar as vendas e o comercio local.