sábado. 07.06.2025
O Barco

Mañá de bicis no Salgueiral

Con un sol radiante, a area recreativa do Salgueiral acollía na mañá deste domingo 19 de xuño, a pequenos e non tan pequenos montados nas súas bicicletas.

Comezou a recollida de dorsais as 11:00, para media hora mais tarde iniciar as primeiras probas. Na categoría peques correspondente a nados antes do 2011 as irmáns Sabela e Ana subían ó podio, como tamén o fixo Pablo Neira, Alejandro, Álvaro, Diego, Marta, María, Mario, Uxía ou Antón.

Nesta sétima edición a afluencia foi menor que nas anteriores, xa que como nos indicaba o concelleiro de deportes, Aurentino Alonso, “coincidiu con época de comunións, pero o importante e que os rapaces se motiven e practiquen deporte”. Alonso foi o encargado de entregar os  trofeos os nenos que subiron o podio.

 

Mañá de bicis no Salgueiral