As 20:30 co lanzamento dos foguetes daba comezo a Romaría de Éntoma, organizada pola asociación de mulleres rurais coa colaboración do Concello do Barco e Bodegas Roandi.
Xa é unha tradición co primeiro sábado de outubro as mulleres de Éntoma se poñan aos fogóns para, entre todas, dar de comer os centos de persoas que acoden de toda a comarca e da veciña do Bierzo. Xabarís con receita segreda incluída; chourizos, empanadas, tortillas de pataca, pan artesán feito por elas mesmas nos fornos do pobo e, doce, moito doce: rosquillas, orellas, torta de queixo, bica e leite frito, acompañado por viño doado pola adega de Roandi, tamén de Éntoma.
A primeira sorpresa da noite producíase antes de comezar o xantar, cando Rocío Jurado saíu entre as mesas “Coma unha Ola”. Tratábase de unha imitación da popular cantante que abraiou a todos os presentes. Ca sobremes viñeron mais sorpresas en forma de agasallo para os comensais.
Coma reza o seu slogan, a Romaría de Éntoma, “na que mellor se come, na que mellor se bebe”.