domingo. 08.06.2025
O Barco

Fin de semana de descontos no Mercaberto

O alcalde do Barco, Alfredo García, acompañado pola concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo, Irene Dacal e Sandra Moldes presidenta da Asociación Centro Comercial Aberto, inauguraron  o mercado de oportunidades  «Mercaberto», que este  vai pola novena edición.

Queda por diante xornada e media de compras a baixo prezo, nos 13 postos que este ano forman parte do «Mercaberto».  Ademais das compras, os visitantes poderán participar nas actividades que a asociación que preside Moldes ten preparadas. Sen ir mais lonxe, esta noite  a actuación do grupo “Clon Bois” a partir de las 23,00 h., na praza José Otero.

Mañá as 11:00 h. o  “Mercaberto”  voltará a abrir ata as 14:00 h. A tarde os postos estarán activos desde as 17:00 h. e a partir de las 20:00 h. os mais pequenos poderán participar nas actividades de animación infantil, como maquillaxe ou música.

No acto inaugural Sandra Moldes agradeceu a colaboración e o apoio do Concello na actividade que se estaba inaugurar  e en todas as que se fan o resto do ano, tamén agradeceu a presenza dos asociados no mercado de oportunidades xa que,  «fan un gran esforzo ó formar parte desta actividade alongando as horas de traballo», sinalou Moldes.

Alfredo García pola súa banda tamén agradeceu os comerciantes a súa presenza no mercado e o Centro Comercial Aberto, todas as actividades que realizan ao longo do ano, «non me canso de dicir e quero repetilo todos os anos; a importancia que ten para O Barco e para toda a comarca o noso comercio. Está a altura de calquera establecemento de calquera cidade e iso é única y exclusivamente grazas a vos, ó esforzo que facedes para ofertar os vosos produtos os vosos clientes. Creo que é o camiño, hai que seguir así, fidelizando a xente de Valdeorras para que compre na comarca»,  asegurou Alfredo García no acto inaugural, no que quixo deixar claroa aposta polo comercio local.

O Mercaberto cerrará as portas o sábado pola noite despois das actividades para os nenos.

Fin de semana de descontos no Mercaberto