[row][double_paragraph]
[/double_paragraph][double_paragraph]
Un ano máis os veciños do Barco deleitáronse co paso das calantornias e cabezudos polo Paseo do Malecón ata chegar á Praza Maior. Fixérono ao compás da música da charanga Airiños de Caldelas coma preludio e invitación ás xentes de Valdeorras a achegarse a escoitar o pregón. Un exultante Xelo de Tremiñá, pregoeiro das festas deste ano, os esperaba no palco da Praza Maior. Durante o percorrido, suscitaban de novo a curiosidade dos maiores, o respeto dos pequenos, o temor incluso de quen as ve por primeira vez.
As figuras máis altas e máis máxicas da nosa tradición barquense, que ata o seu nome forma parte da historia local, volvían á vida fai uns anos, cando Quelo Rodríguez recuperaba, para deleite de todos, os traxes que hoxe luciron para a ocasión. Bailaron as calantornias como cada ano, pero con pasos recén ensaiados, estreados especialmente para estas festas, desafiando á forza e ao equilibrio. Ao seu lado, os inseparables cabezudos, igualmente comprometidos co anonimato, compañeiros de camiño e diversión.
Volveremos a ser testigos da súa presencia na procesión que acompañará ao Nazareno polas rúas da vila e que sairá o día do Cristo, venres 14 de setembro da Praza Maior.
[/double_paragraph] [/row]