O poeta berciano Emilio Vega presentou o seu novo libro, “El dulce sendero que conduce a tu nombre” o venres 30 de setembro, no salón de actos da Casa Grande de Viloira onde ten a súa sede o Instituto de Estudios Valdeorreses.
Ó acto foi presentado pola presidenta da sección de poesía do IEV, María del Carmen Gago Florenti, quen tivo unhas emotivas palabras de agradecemento para o autor co que ten unha grande afinidade. Estivo presidido por Aurelio Blanco Trincado, presidente desta entidade e pola súa homónima no Bierzo Mar Palacio Bango.
Narrativa breve, artigos de fondo, comentarios de opinión, prólogos para libros, crítica literaria e poesía son os xéneros que cultiva Vega, aínda que a poesía é o que máis o enche. Define a súa poesía como introspectiva ou intimista, filosófica, mística ou social, aínda que il mesmo non se preocupa de definirse, senon de escribir. Vega naceu na comarca de Laciana e desenrola a súa labor creativa no Bierzo, do que se sente fillo adoptivo, unha terra de singular beleza, segundo o poeta, onde naceu González-Guerrero, “el poeta más grande que ha dado esta tierra”.
O seu poemario, de estilo romántico, foi recitado, por el mesmo, na tarde-noite do venres ante una morea de afeccionados á poesía e amigos. Comezou o recital cunhas palabras de Antonio González de Lamo, “un libro es aquello que contiene sus páginas, y si estas nos enajenan, nos emocionan, llegan a nuestro cogollo interior, nos hacen reir o llorar, entonces sabemos que estamos en presencia de la verdadera poesía”, dixo Vega. O libro que nos presentou ven a cerar un ciclo de poesía romántica que ol autor comenzou a escribir no 1982. O primeiro libro foi, ”Historias de un amor imposible”. Son poemas de amor en sentido positivo, confesou o seu autor, “no tienen otra misión que ensalzar las cualidades de la persona amada y el caudal de sentimientos que el amor nos inspira.
Comenzou o recital co pema, “Amor callado” que fala do amor entre dúas persoas que conviven xuntas durante moitos anos e que permanece inalterables.
Ao remate aclarounos que o libro componse de catro partes tres de elas adicadas ao amor de una muller concreta. A derradeira, é a mais intimista e mais ecleptica, poesía descritiva.
Aplausos para un poeta berciano que cala nos corazóns dos valdeorreses