Os nenos e nenas do CEIP Julio Gurriarán presentan "O Mundo dos Selos". Trátase dunha exposición organizada pola Federación de Sociedades Filatélicas de España (FESOFI) e patrocinada por Correos. Esta mañá tivo lugar a inauguración da exposición "O Mundo dos Selos", instalada no Salón de Actos do Colexio Julio Gurriarán, onde permanecerá ata o vindeiro mércores.
Durante estes días os alumnos e alumnas aprenderán moito máis sobre o mundo dos selos de Correos, como a súa historia, a filatelia e o coleccionismo dos mesmo.
Trátase dunha exposición moi completa con pezas moi interesantes sobre o particular mundo dos selos. Ao cargo desta iniciativa está Juan Carlos Blanco, membro da Federación de Sociedades Filatélicas de España, que é o encargado de explicar e presentar todo o material aos alumnos e alumnas do colexio.
O CEIP Julio Gurriarán celebrou ademais a entrega de premios para os gañadores e gañadoras do concurso "Debuxa un selo da túa localidade", que ten como protagonistas aos alumnos do centro.
O primeiro premio foi para Miguel Ortiz Sousa, de 5º curso de Primaria, que foi agraciado cun agasallo así como coa edición dunha tirada limitada de Selos de Correos co seu debuxo.
O segundo premio foi para Adriana Martín Blanco, de 4º de primaria, que foi agraciada cun lote de material filatélico.
O terceiro premio foi para Biel Moral Castro, tamén de 5º de primaria, que foi obsequiado cun lote de material filatélico.
O colexio recibiu tamén unha Placa Conmemorativa do evento.
A exposición estará aberta para a súa visita libre o vindeiro MARTES, día 25 de Abril en horario de 16:00h. a 18:00h. para que todas as nais/pais que así o desexen podan achegarse ao Colexio. Ese día tamén se levarán a cabo Obradoiros e outras actividades de interese.
Por outra banda, para os alumnos de 2º curso de primaria do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira, hoxe foi un día especial, xa que visitaron o edificio do Concello de O Barco, así como o Multiusos, coñecendo de primeira man o salón de plenos e as dependencias municipais, para que vaian afacéndose tamén á vida política da vila.