Galería. Primavera de Portas Abertas 2024

José Ramón Rodríguez Castellanos e José Luis Pando, actual e anterior presidente da D.O. Valdeorras
Entre outros a alcaldesa de Carballeda e delegada especial da Deputación, María del Carmen González; a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamelas e o Tenente alcalde do Bolo, Miguel Ángel García
Montse, xerente Pazo do Castro Cristina; xerente Ruta del Vino de Valdeorras; e Diana, oficina Turismo de O barco
Xose Merelles, director de Turismo de Galicia e María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda
O alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez e un dos seus concelleiros
Joaquín Sánchez, Maria del Carmen González, Xosé Manuel Merelles e Alfredo García
Diana Rodríguez, presentadora do acto
Foto de familia
Xoseé Manuel Merelles
Brinde de XoseMerelles, director de Turismo de Galicia e Montse Rodríguez Xerente Pazo do Castro
Brinde de Joaquín, Merelles e Montse
A tenente alcalde de Vilamartín, Sherezade Núñez

O presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, inaugurou na tarde do 3 de maio a ‘Primavera de Portas Abertas’, coa que a entidade, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, pretende poñer en valor o enoturismo desta comarca e facer desta actividade unha fonte de recursos para os veciños durante todo o ano. 

Tamén asistiron ao acto de apertura o director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles; a delegada Especial en Valdeorras da Deputación de Ourense, María Carmen González; e o alcalde do Barco, Alfredo García

A Asociación do Viño de Valdeorras espera que se batan récords de participación nesta edición, para a que ten preparada unha variada programación capaz de satisfacer ao turista máis esixente.