Galería. Magosto de Viloira

Como cada ano, O Barco celebra o seu magosto  o 11 de novembro, coincidindo co patrón de Viloira, San Martiño. Dende as 19:00 horas a praza Otero Pedraio foi un fervedoiro de xente que non quixo perderse a festa. A cacharela  non deixou de moverse para asar os 500 kilos de castañas e a xente agardaba pacientemente a cola para recoller o seu corneto;  as planchas cheas de chourizos non daban feito para a xente que esperaba a súa quenda, e por suposto,  non faltou o viño que correo a raudales. A parte musical correo a cargo de "Os Pándega"