Os establecementos de O Barco Centro Comercial Aberto abriron o venres 16 de xuño a súas portas ate as doce da noite nunha nova edición da Noite Branca. Unha noite na que 32 tendas colaboradoras, pertencentes á asociación, ofreceron descontos do 20% nos produtos de tempada.
Entre os participantes atopábanse comercios de diferentes produtos. Entre outros ofreceron roupa, zapatos, complementos, roupa de deporte e interior, decoración ou arte. Tamén se inclúen merzarías, decoración, perfumerías, ópticas, florerías e librarías. Todos eles permaneceron abertos ata as 00.00 horas. Ademais, os asistentes degustaron pinchos de paella nos bares colaboradores e ágapes diversos así como bebida nos establecementos comerciais. Aínda que o que sen dúbida fixeron os compradores e xente que se atopaba nas rúas foi beber xa que o calor apretou ata ben entrada a noite.
Os comerciantes inscritos decoraron os seus negocios especialmente para esta xornada con globos brancos e morados e tamén houbo espectáculos na rúa. Para abrir o evento nada mellor que una sesión de zumba a las 20.30 horas na Praza do Concello que continuou co espectáculo de Troula Animación. Ademais o Grupo Pándega realizou os seus tradicionais cantos de Taberna a partir de las 21.30 horas.
Como novidade, nesta edición, as persoas que mercaron nos establecementos colaboradores participaron, co seu ticket de compra, nos sorteos de paseos en limusina. Desde as 20.30 horas realizáronse ditos sorteos cada media hora.
As esperanzas da presidenta y a vicepresidenta, Sonia Moldes y María Ángeles Rodríguez respectivamente na presentación do acto. “Esperamos una acogida mayor o igual que en años anteriores”, cumpriuse de cabo a rabo.
O mesmo día as 20:00 tamén tamén se puido asistir á demostración de zumba que os asistentes a esta actividade das Escolas Deportivas fixeron no Malecón barquense.