Os catro valdeorreses candidatos ó Congreso e ó Senado nas Eleccións Xerais xa votaron
Un candidato ó
Congreso polo PP, outro ó Senado polo BNG e dous suplentes na lista do
PSdeG-PSOE
As eleccións ás Cortes Xerais que se celebran hoxe, permiten ós cidadáns elixir os deputados e senadores que representarán a Ourense despois destes comicios. O número de deputados que lle corresponde á circunscrición de Ourense é de catro e o número de senadores tres.
Catro son tamén, os valdeorreses de tres formacións políticas distintas —son en total 11 as agrupacións políticas que concorren estas eleccións na provincia de Ourense—, os que se inclúen nas listas estas Eleccións Xerais. Avelino García Ferradal, portavoz do Partido Popular no concello da Rúa e actual senador, ocupa o terceiro posto ó Congreso na candidatura do PP.
Roberto Quiroga López — vicerresponsable da organización do BNG na comarca—, ocupa tamén o terceiro posto nesta formación, pero a súa candidatura é ó Senado. Os socialistas Ofelia Puente Carracedo da executiva do Barco e Miguel Bautista Carballo, alcalde de Petín, irán ambos de primeiros suplentes. A primeira ao Congreso e o segundo, suplente do primeiro candidato ao Senado pola provincia, Juan Carlos Francisco Rivera.
O mais madrugador á hora de exercer o dereito ó voto, foi Bautista Carballo que ás 10.20 horas, depositaba o voto na Casa da Cultura —Teleclub— de Petín. García Ferradal foi o seguinte en acercarse as urnas, ás 12:00 horas, facíao na mesa situada nos baixos do Edificio Nimo, na Rúa. Nesta localidade, pero na mesa situada no atrio da igrexa de Santo Estevo, achegábase Quiroga López, as 13:00 horas para facer o propio. Puente Carracedo votaba no Barco, ás 13:30 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco.
No momento de escribir esta información, a porcentaxe de voto está en torno ó 30% en case que todas as mesas, se ben hai algunha que queda un pouco por debaixo desta cifra.
Derroche de papel
Na época da telemática, onde manda Internet e, a través de redes sociais informámonos, opinamos e comunicámonos; nun tempo que co teléfono facemos pagos sen necesidade nin sequera de tarxeta, e conectamos a calefacción da casa a quilómetros de distancia; seguemos gastando toneladas e toneladas de papel á hora de votar.
Ás cartas de propaganda
electoral que chegan ás casas os días previos con motivo das eleccións, súmanse
as papeletas da lista do partido de turno e o sobre correspondente para votar. A
maiores hai que engadir as outras papeletas e sobres que se atopan nos colexios
electorais, que claro se o censo é de 300 polo menos hai 600, —por si acaso—.
Xa está ben de gasto de papel inútil! E, para cando o voto electrónico?