viernes. 29.03.2024
Breves

A CIG celebrou o 1 de maio reivindicando melloras laborais

Dende o sindicato pediron reformas laborais considerando que as actuais non xeneran máis que pobreza, desemprego, explotación e inmigración

Este 1 de maio, establecido como "Día Internacional do Traballador" realizouse unha concentración fronte ao concello do Barco. Esta foi organizada pola Confederación Intersindical Galega, que tamén convocou un total de 16 actos por toda a comunidade galega.

Un total de 60 persoas acudiron a este evento onde tamén estivo presente o BNG-Valdeorras. No mesmo reivindicaron o papel dos diferentes tipos de empregados. Ademáis subliñaron a situación de pobreza, desemprego, explotación e emigración que está a padecer a comunidade.

Tamén pediron políticas alternativas nos ámbitos económico, social e laboral nunha época dura debido a crise da Covid-19 que tamén afectou notablemente ao tecido laboral da comarca e de Galicia.

A CIG celebrou o 1 de maio reivindicando melloras laborais