martes. 24.06.2025
A Veiga

A Veiga dícelle adeus o Entroido en tempo de Coresma

Once folións, preto de 400 persoas e infindos bombos tocando, compuxeron este sábado 17 de febreiro, a I Xuntanza de Folións organizada no municipio de A Veiga. Iniciado xa o tempo de Coresma, o Folión local Sones de Trevinca, decidiu que o Entroido deste ano non remataba o Martes día 13. E no intento de “darlle a opción á xente da Veiga de coñecer cómo é o toque doutros sitios”, finalmente non puideron “dicir que non aos moitos folións que quixeron unirse” a pesares de que a intención inicial, por tamaño e presuposto, era comezar discretamente, explica Manoli, membro do folión anfitrión.

Finalmente, ademáis do de A Veiga, os folións participantes foron: Folión de Buxán, Folión Cabo da Vila de Viana, Folión de Bembibre, Folión Ramilo de Penouta, Folión Os Labregos de A Pobra de Trives, Folión de Petín, Folión Mormentelos, Folión de Carracedo da Serra (A Gudiña), Folión Festa do Xato de Fradelo e Folión A Lardeira de Piñeiro.

O alcalde de A Veiga, Juan Anta, destacaba o bo tempo da xornada do sábado que contribuiu a que a xente “se desquitara tocando despóis do mal tempo que tivemos o Martes de Entroido”.

 

O percorrido polas rúas de A Veiga comezaba ás 16:30 horas para finalizar na praza e comer todos xuntos. “A xornada ten que rematar cedo porque ao día seguinte, o domingo 18, temos outra cita en Astorga”, explicaba Manoli.

Despóis dunha axetreada fin de semana, aos 76 membros do folión veigués (entre 58 e 60 tocan de media en cada evento) aínda lles queda un evento por celebrar, a cena do folión, que levarán a cabo o vindeiro sábado. Xuntos “coma unha familia”, reuniranse de novo como xa o fixeron o pasado luns de Entroido, “o día máis bonito” coma apunta Manoli, no que a comida se compón do que trae cada un e a fariña é parte do disfraz. Moitos integrantes só se ven nestas datas, o que fai máis especial se cabe esta xuntanza.

Fulión da Veiga

Folión de Buxán

Cabo da Vila

Fulión de Bembibre

Fulión de Penouta-Ramilo

Os Labregos

Folión de Petín

Fulión de Mormentelos

Folión de Carradedo da Serra

Festa do Xato. Folión de Fradelo

Folión A Lardeira de Fradelo

Todos os folións xuntos despedindo o Entroido

A Veiga dícelle adeus o Entroido en tempo de Coresma