A Veiga dícelle adeus o Entroido en tempo de Coresma

Once folións, preto de 400 persoas e infindos bombos tocando, compuxeron este sábado 17 de febreiro, a I Xuntanza de Folións organizada no municipio de A Veiga. Iniciado xa o tempo de Coresma, o Folión local Sones de Trevinca, decidiu que o Entroido deste ano non remataba o Martes día 13. E no intento de “darlle a opción á xente da Veiga de coñecer cómo é o toque doutros sitios”, finalmente non puideron “dicir que non aos moitos folións que quixeron unirse” a pesares de que a intención inicial, por tamaño e presuposto, era comezar discretamente, explica Manoli, membro do folión anfitrión.

Finalmente, ademáis do de A Veiga, os folións participantes foron: Folión de Buxán, Folión Cabo da Vila de Viana, Folión de Bembibre, Folión Ramilo de Penouta, Folión Os Labregos de A Pobra de Trives, Folión de Petín, Folión Mormentelos, Folión de Carracedo da Serra (A Gudiña), Folión Festa do Xato de Fradelo e Folión A Lardeira de Piñeiro.

O alcalde de A Veiga, Juan Anta, destacaba o bo tempo da xornada do sábado que contribuiu a que a xente “se desquitara tocando despóis do mal tempo que tivemos o Martes de Entroido”.