No colexio da Veiga os mestres veñen chorando e marchan chorando

E unha comunidade educativa onde todos se implican e os nenos desfrutan das pequenas cousas

O colexio da Veiga e un deses centros educativos onde os nenos séntense como na propia casa. Segundo nos dicía Luján, unha alumna de San Lourenzo: «Somos una pequeña familita, los profes serían los padres y nosotros los pequeños hermanitos».

Neste centro educativo respírase proximidade, compañeirismo, achegamento aínda que cando comeza o curso, como cada ano marchan os profesores e o seguinte veñen outros novos, os nenos  móstranse un pouco receosos.  Segundo o seu director hai que ir entrando pouco a pouco e gañar a súa confianza. «Son os xefes, escoitámolos, propuxémoslle o proxecto e directamente pedímoslle permiso como se fai no folión». Y é que o folión é unha parte moi importante do pobo e, por ende da comunidade educativa.

Non se aburren dado a cantidade de actividades que fan: cine,  gravaron un disco, convivencias cos nenos de Vilariño de Conso, Viana, A Gudiña ou O Bolo. Celebran o Samaín, magostos e sobre todo viven o Entroido. Na convivencia con Vilariño de Conso tuvo como temática a transhumancia que inda se operativa aquí e en Manzaneda.

Guille ten duas paixóns, o folión e xogar ós bolos e as dúas dánselle moi ben

Neste centro  estudan 17 nenos e nenas de infantil e primaria —non hai nin segundo nin terceiro curso—. Hai tres profesores e a profe de A.L. que alterna coa Gudiña o de relixión que vai os venres e unha profe de prácticas.

Os profesores non traballan «desfrutan». Os nenos transmiten ilusión, como nos conta o seu director Javier Álvarez. «Creo que o primeiro centro no que estou que me custa que os nenos se vaian para a casa, porque non queren realmente marchar. Tes que botalos».

O escondite, a comba ou o pilla-pilla son xogos que están presentes nos recreos

«A Veiga é un destino que naide quere, chegas chorando porque teoricamente che tocou o peor. E, marchas chorando de pena porque deixas un dos mellores destinos que lle pode caer a un docente», di o director. Tamén asegura que a xente da vila involúcrase moitísimo ó igual que o Concello que axuda en todo o que está na súa man.

Se queres escoitar a entrevista que lle fixemos a Javier Álvarez, dálle á seguinte ligazón: