jueves. 28.03.2024
A Veiga

A Veiga recibe ós Reis nun dos beléns máis grandes de Galicia

Todo o municipio está engalanado con figuras feitas con troncos e adornos de polas de árbores realizadas pola veciñanza

Tarde de Reis no

Concello da Veiga onde os Reis Magos de Oriente recorreron as Terras Altas de

Trevinca para adorar ó neno nun dos beléns máis grandes de Galicia. A música da

Banda de Gaitas da Veiga acompañounos todo o percorrido.

A primeira parada dos Reis Magos na Veiga foi na residencia de maiores

 As 16:30 horas a comitiva real chegaba a

residencia de maiores onde eran acollidos entre bailes e cantos polos

residentes Os Reis ante tanta ledicia e espléndida acollida repartiron

caramelos entre todos os que alí estaban.



Logo de pasar un bo rato na residencia de maiores o cortexo Real puxo rumbo cara o Concello onde recibiron algunha carta dalgún neno que lla quixo entregar na man  Reis e até repartiron algún regalo que outro agasallo.

Juan Anta. alcalde da Veiga xunto ós Reis Magos ás portas do Concello

O alcalde da Veiga, Juan Anta recibiu as súas Maxestades de Oriente, Melchor Gaspar e Baltasar as portas do Concello e de seguro que lle pediu un bo ano para o seu concello.

Banda de Gaitas da Veiga xunto ó belén na praza do Concello

A banda de gaitas co son de temas populares, alegrou a tarde a todos os que se congregaron o longo do traxecto. A caída do sol houbo chocolate con churros para todos os asistentes, porque en terras tan altas o frío ó solpor apreta.

Imaxes cedidas.

A Veiga recibe ós Reis nun dos beléns máis grandes de Galicia