A maxia do Nadal chega á Veiga
Troncos de carballo, acebros, gallas de pino, ou polas de carqueixa dan forma ás figuras de Nadal dunha veciñanza entregada o seu pobo.
Por calquera rúa da Veiga que se transite durante estes días poderá sentir a maxia do Nadal froito da unión dun pobo. Porque a decoración enxebre que se pode ver nesta vila do Macizo Central ourensán non sería posible sen a colaboración da «case» todos os veciños. E, nese case vai o 95 %, como subliñaba o seu alcalde, Juan Anta na inauguración da I Feira das Montañas de Trevinca que se celebrou na mañá do sábado 14 de decembro.
Esta feira serve
para por a venda as «Fabas Lobas» e a Mel de Trevinca, outro proxecto levado a
cabo no municipio que tampouco sería posible
sen a implicación dos veciños. Así o afirmaba Juan Anta no acto inaugural. No
seguinte vídeo achegamos a intervención de Anta:
Todo
biodegradable, sendo respectuosos co medio ambiente, reciclando e coma non,
sacando proveito e dándolle outra vida o que a terra proporciona.
Simplemente espectacular! Toda A Veiga e un Nadal de maxia enxebre.