viernes. 29.03.2024
A Veiga

Máis de 130 deportistas participaron na carreira e andaina da Veiga

A «IV Carreira e Andaina Popular Trevinca-A Veiga» reuniu na Veiga a máis de 150 corredores e andarines que desafiaron as altas temperaturas reinantes na tarde do sábado 18 de agosto.

 

 

As 19:00 horas, ao redor de oitenta camiñantes partían da praza do Concello para baixar pola rúa Nova ata a ponte da OUR-CV-2. Ao chegar ao fin da ponte os camiñantes xiraron a esquerda pola estrada de Baños para dirixirse ao camiño que os levou a Cántara da Moura. Tras unha intensa subida os participantes chegaron ao pobo de Corzos para comezar a baixada a Baños e, de alí, de novo a praza do Concello.

 

 

Case que 9,5 quilómetros por camiños, sendas y estradas nos que hai que destacar a beleza da paisaxe. Entre todas, a mítica Cántara da Moura, que posúe un encanto especial. A lenda conta que nesta cova escavada polo río Corzos vive unha fermosa moura que pode condenar a unha vida de pedra ás mulleres.

 

 

Unha hora máis tarde comezaba a carreira de case 7 kms., que reunía a 50 deportistas de toda a provincia. O trazado do circuíto, que tamén partía da praza do Concello, aínda que en  dirección oposta, foi pola rúa o Campo ata a praia do Coiñedo seguindo a Senda Verde que vai pegada ao encoro de Prada. Ao saír da senda os corredores foron por un tramo de estrada ata á rotonda, alí tomaron a rúa Entrecaldeiras para chegar ata o colexio, e tras bordear o pobo chegar de novo ao concello.

Reparto de medallas para todos os nenos participantes e trofeos aos gañadores de cada proba segundo as categorías. O vencedor absoluto da carreira foi Alejo Ares Prada na categoría masculina y Marta Ballesteros na feminina, ambos do club barquense ADAS Proinor.

 

 

Esta proba organizada polo Concello de A Veiga, leva dous anos realizándose o sábado pola tarde xa que, como nos dicían desde o Concello, «hai máis nenos e participación, porque o domingo pola mañá é mala hora, hai moitas festas y a xente quere durmir e descansar». O único inconveniente sería a calor, pero dada a altitude y que é a derradeira horas do día esta non fai moita magoa.

 

Fotos podio cedidas polo Concello da Veiga

 

bsp;

Máis de 130 deportistas participaron na carreira e andaina da Veiga