O lume e as castañas protagonistas no magosto do Barco

A  Praza Ramón Otero Pedraio de Viloira encheuse de xente para celebrar o magosto do Barco. Máis de cinco centas persoas déronse cita, a partir das sete da tarde, nesta festa popular da exaltación da castaña.  Non faltaron os bullotes  e tampouco o viño novo, acompañado de chourizos cocidos ou asados que se podían mercar nos bares da praza.

Asando as castañas na praza de Viloira.