O Son das gaitas protagonista da Festa da Bica de Trives

El pregón de la Festa da Bica de 2018 estuvo a cargo de francisco Álvarez «Farruco», director del IES Xermán Ancochea de Trives

A presente edición da Festa da Bica volveu a unir o Certame Cetibérico de Bandas de Gaitas co evento gastronómico. Mentres as gaitas baixaron a Trives na Festa da Bica , a bica subirá mañá a estación de montaña de Cabeza de Manzaneda .

As 12:30 horas do sábado 28 de xullo arrancou a cuadraxésima quinta edición desta festa gastronómica cun desfile de bandas de Gaitas. Desde a praza do Concello ata á de abastos, as bandas de gaitas Xuntanza de Cataluña, Real Xuvenil e Os Trintas desfilaron polas rúas da vila.

Xantar da bica

Ao redor de 600 persoas xuntáronse na carpa onde se serviu empanada, pulpo a feira, carne ao caldeiro, viño, bica e licor café. A charanga Nova Terras de Trives amenizou a comida e ao remate déronse o premios «Bica de Ouro». Os galardonados foron: Agrupación protección civil, Hostal La Viúda, Adega A Corga, Jorge Guerra, Chao do Couso, A.C. A caniceira, Motoclub Os Esquíos, Periódico O Sil, Carlos Temes, CD. Trives, Escolas Deportivas Trives e Elías Álvarez.

Ademais nos arredores montouse un mercado de artesáns da A.C. Tarabelada.

Estiveron presentes no xantar o alcalde —Domingo Rodríguez—  e corporación de Trives y os alcaldes de Manzaneda, Félix  Domínguez,  A Veiga, Juan Anta, Viana do Bolo, Secundino Fernández, así como o responsable da estación de montaña Oca Nova Manzaneda Gustavo Samartín y José Luis Foxo, director da Real Banda da Deputación.